A web oficial do concello de Carballo

O plan director dos barrios da Granxa e O Hospital establece as condicións para o desenvolvemento urbanístico e a mellora ambiental e da mobilidade nun ámbito integrado por 23 rúas

Presentación plan director barrios A Granxa e O Hospital

No marco da Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade no concello de Carballo, no ano 2020 iniciamos a elaboración do plan director dos Baños Vellos co obxectivo de definir as necesidades urbanísticas e de mellora da mobilidade no espazo urbano integrado polas rúas Ourense, Lugo, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos. […]

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

O Concello de Carballo presenta o novo programa gratuíto C4S – Carballo pola Sostibilidade, unha iniciativa que busca facilitar e impulsar a integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo do turismo local. “Co Programa C4S _explica o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, queremos que a sostibilidade se converta nun selo de […]

Arquitectura, microtoponimia e augas termais protagonizan a segunda edición das Xornadas Carballo na memoria, que se celebrarán do 16 de setembro ao 2 de outubro 

xornadas-microtoponimia-2024

A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística continúa a reactivar o proxecto Carballo na memoriacon distintas iniciativas. Despois da boa acollida que tiveron o ano pasado as xornadas de microtoponimia e a homenaxe a Francisco Miguel e a todas as persoas represaliadas polo franquismo, este ano, en colaboración coa Concellaría de Planificación Urbana e […]

Os concellos de Carballo e Coristanco clausuran o Obradoiro Lubiáns, que superou as expectativas, e traballan xa nunha próxima iniciativa conxunta de formación para o emprego

Clausura do obradoiro Lubiáns 2025

“Estamos a clausurar un obradoiro carpintería que probablemente foi o mellor dos que se celebraron en Galicia pero que sen dúbida foi o mellor dos que se celebraron no noso concello”, manifestou Evencio Ferrero. O alcalde de Carballo presidiu hoxe, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Obras, Urbanismo e Medio Ambiente de Coristanco, Enrique Tasende, e […]