O Concello de Carballo avanza na tramitación para a inclusión do mercado municipal na rede de Mercados Excelentes de Galicia

O Concello de Carballo segue a dar pasos para a consecución do selo de Mercado Excelente e a integración da praza de abastos na rede de Mercados Excelentes de Galicia. O obxectivo da Concellaría de Feiras e Mercados é dar resposta aos retos de modernización e innovación aos que se enfronta a nosa praza pero […]
O goberno dá conta do próximo investimento na pavimentación do núcleo de Aldemunde de Arriba e recolle novas propostas do consello parroquial

Esta semana comezou unha nova rolda de consellos parroquiais, a primeira tras o relevo na Alcaldía, e, como xa é costume, respectamos a orde alfabética e arrincamos na parroquia de Aldemunde. Xunto a unha nutrida representación da veciñanza, na reunión participaron representantes dos tres grupos da corporación municipal. O alcalde, Daniel Pérez, fixo un repaso […]
A “Sinfonía Bergantiños”, que xa pode escoitarse e todo o mundo a través das principais plataformas dixitais, chega ao mercado en formato CD

A Sinfonía Bergantiños segue a darnos alegrías. Despois do seu lanzamento o 24 de outubro en todo o mundo a través das principais plataformas dixitais, chegará proximamente ao mercado en formato CD, cunha edición moi coidada que inclúe un libreto cunha recensión do autor, Sergio Moure; a descrición dos tres movementos que a compoñen, Lembranzas, […]
O alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Gándara-Sofán realizou a primeira visita escolar deste curso á casa do concello

Os alumnos e as alumnas de 1º e 2º de primaria do CEIP Gándara-Sofán realizaron a primeira visita deste curso á casa do concello. E chegaron cunha morea de preguntas preparadas para o alcalde. Daniel Pérez tivo que explicarlles que ten 48 anos, que naceu en Silván, que a súa comida favorita é o churrasco, […]
O Consello Escolar Municipal analizou o inicio do curso nos centros educativos carballeses, nos que estudan máis de 4.000 alumnos e alumnas

O Consello Escolar Municipal celebrou este martes a habitual xuntanza de principios de curso para analizar a situación nos centros do noso concello, e neste caso tamén para dar conta da renovación de cargos. Na presidencia, que lle corresponde á Alcaldía, figura agora Daniel Pérez; pero tamén se incorporou o novo inspector da Consellería de […]
Axober aposta pola mobilidade sostible na xornada “Bergantiños cero emisións”, que se celebrará o sábado 8 de novembro en Carballo

Axober suma unha nova cita ao seu catálogo anual de eventos, e aínda que é a primeira edición, a xornada Bergantiños cero emisións nace con vocación de continuidade. Carballo vaise converter este sábado 8 de novembro no punto de referencia da mobilidade sostible e as enerxías renovables a través dunha iniciativa que inclúe exposicións, charlas […]