A web oficial do concello de Carballo

A carroza 20.000 leguas de vida submarina gaña o Concurso de disfraces de Entroido

A pesar da choiva que non deixou de caer en Carballo o pasado domingo 15 de febreiro durante o Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido, a diversión, o bo humor e a paciencia de todas e todos os participantes fixeron que estivera animado ata o último momento. Repartíronse máis de 10.000 euros entre premios e gratificacións para todos aqueles que se achegaron á Praza do Concello nunha tarde que, ademais da animación dos asistentes, estivo marcada pola regueifa de Lupe Blanco e da Escola de Regueifa de Carballo.

Aquí vos deixamos a relación de premiados e premiadas polo xurado, que estivo presidido pola Concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez:

CARROZAS

  • 1º Premio – 1000 euros | 20.000 leguas de vida submarina.
  • 2º Premio – 600 euros | Dioses del Nilo.
  • 3º Premio – 350 euros | Latexo galego, de Mocatriz, Vimianzo.
  • Primer accésit – 300 euros: El rugido de los 30 carnavales.
  • Segundo accésit – 250 euros: Xoldrair.
  • Tercer accésit – 100 euros: Festarrachada.

COMPARSAS ADULTOS

  • 1º Premio – 700 euros | As do taper.
  • 2º Premio – 400 euros | Os titiriteiros.
  • 30 Premio – 200 euros | A romaría de santa paciencia.
  • Primer accésit – 180 euros | Lo que el viento se llevó.
  • Segundo accésit – 100 euros | El pequeño gran mago.

GRUPOS ADULTOS

  • 1º Premio – 125 euros | Entre Pompóns.

INDIVIDUAL ADULTOS

  • 1º Premio – 60 euros | A chapalatas.

CHOQUEIRO DE BERGANTIÑOS

  • Premio especial – 100 euros | A Mami, de Lo que el viento se llevó.

COMPARSAS INFANTIL

  • 1º Premio – 300 euros | Ponte disfraz: a luz do camiño.
  • 2º Premio – 150 euros | A nosa terra.
  • 3º Premio – 100 euros | Soños impresos e pes en movemento.
  • 4º Premio – 60 euros | Feitizo embruxado.
  • Accésit – 40 euros | A forza do orballo.

GRUPOS INFANTIL

  • 1º Premio – 110 euros | Os ben lavadiños.
  • Accésit – 30 euros | Flocos deillo.

INDIVIDUAL INFANTIL

  • 1º Premio – 90 euros | O pirata máis pequeno dos mares.
  • 2º Premio – 70 euros | Antón o pintor.
  • 3º Premio – 50 euros | Demogorgon.
@culturacarballo

#Entroido 🥸🥳🤡 | Este domingo desafiamos á choiva para ter un concurso de disfraces con “cousas raras”, 20.000 leguas de viaxe submarina, contos, safaris, cociñeiros, pintores, demogorgons, liñas aéreas… Tivemos de todo e moita regueifa, risos e fantasía… Deica o ano! #carnaval #carballo #fyp #parati

♬ sonido original – Cultura Carballo