A web oficial do concello de Carballo

OTNI: “Masa madre” de Cía CAÍ

26/10/2025
20:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA

Unha sala de espera. Un forno a 200 graos. Unha máquina de escribir. O son duns zapatos de tacón. Un cordón umbilical. 250 g de fariña de trigo. Un trapecio envellecido. Dous cabelos trenzados. Unha mesa, un vaso, unha rosa. Un mundo ideal. Ninguén sabe que pasa coas princesas cando remata o conto. Seguramente sorprenderiámonos ao ler todas as segundas partes que non foron escritas… porque pode que non pasemos a vida comendo perdices.

Este espectáculo de circo contemporáneo, amasado con paciencia, con técnicas aéreas, teatro físico e texto, explora  o destino humano: nacer, reproducirse (ou non) e envellecer ata morrer. Unha reflexión poética sobre a maternidade e a caducidade do corpo, sobre a vida, sobre as historias que continúan e aquilo que permanece oculto despois do final do conto, contada desde unha das raíces da nosa identidade como carballeses, o pan. CAÍ concibe o circo como linguaxe de comunicación e expresión, levando á escena materiais persoais. Creada en 2015, participa en proxectos para dar sororidade á muller nas artes escénicas.

  • Domingo 26 de outubro
  • 20.00 h.
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 5 €
  • Todos os públicos (+ de 8 anos)
  • Duración: 60 minutos
  • Circo A-Escena

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.