A web oficial do concello de Carballo

XXI Festa do Pichorro

30/08/2025
20:00
Escola Unitaria de Cances

Verán Cultural | A Festa do Pichorro de Cances é unha festa tradicional que reparte cada ano pichorros de millo branco tenro da terra, ademais de cachelos, panceta, chourizos, churrasco, costela e postres. A partir das oito da tarde animación musical, comida e tamén actividades moi especiais, como o Campionato de debullamento de millo co mango do fouciño, que sempre resulta moi curioso de ver.

Organiza a Asociación Cultural San Campio de Cances | Colabora o Concello de Carballo

 

Non hai campos definidos para este produto.