A web oficial do concello de Carballo

Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre: “Axúdame a sentir”

01/08/2025
22:30
Praza do Concello

Verán Cultural | A programación do verán continúa homenaxeando a tradición oral cun artista ben recoñecido nma nosa terra e un dos nomes propios da música de raíz galega: Xabier Díaz. Axúdame a sentir é o seu último traballo que publica coas Adufeiras de Salitre en colaboración con músicos de diversa índole, dando lugar a un concerto que agocha o máis puro sentir de Xabier, que sempre ten presente ás mulleres tocadoras que sosteron a música e que agora herda con amor o seu compromiso e talento.

Neste concerto contaremos con moitas sorpresas que farán sentir ao público máis ca nunca a nosa tradición oral.

Acceso libre ata completar a capacidade | Colabora: Deputación da Coruña

Non hai campos definidos para este produto.