O Concello de Carballo continúa coa programación dos bailes dos domingos, unha proposta da Concellaría de Terceira Idade para compartir o tempo de lecer, gozar da música e favorecer as relacións sociais.
As sesións celébranse no mercado municipal, de 18.00 a 21.00 horas, con distintas actuacións musicais. As próximas citas serán con Marineda, o 15 de novembro; Mar de Caión, o día 22; e Martín Carrión, o 29.
Desde o Concello animámoste a participar nestas tardes de baile e convivencia, que cada semana converten o mercado nun espazo de encontro.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.