A web oficial do concello de Carballo

Xa temos os grupos gañadores do XXV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

O Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acolleu o domingo 8 de novembro a gala final do Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, que neste 2026 celebrou o seu 25 aniversario.

O acto estivo presentado por Tone Martínez e Alba Bermúdez, de Galeatro. Precisamente, a actriz carballesa participou co grupo Vagalume cando era nena neste certame e na gala recordou aqueles inicios. “Quen sabe se estes nenos e nenas traballarán no teatro ou na radio no futuro”, comentou Alba.

O certame contou de novo coa colaboración de Radio Nordés Cadena Ser e coa achega económica da Libraría Brañas Verdes para premios (importes destinados a libros e material didáctico). Neste sentido, a organización quixo agradecer neste aniversario o compromiso de Ramón Tasende, da Libraría Brañas, que leva colaborando co concurso durante estes 25 anos.

O FIOT quere agradecer a implicación dos centros educativos e do profesorado nesta iniciativa que ten como obxectivo promover o teatro entre os máis pequenos da casa e adolescentes.

E velaquí os grupos gañadores!

Na 1ª categoría (Educación Infantil e Primaria):

  • Primeiro premio: Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina (de 3º, 4º e 6º de EP), coa obra Contos fóra de conto.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - CEIP A Cristina
  • Segundo premio: Samaritas e Samaritos, do CPI Cabo da Area (de 4º de EP), coa obra
    Memorias dun neno labrego en Ceuta.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - CEIP Cabo da Area de Laxe
  • Terceiro premio: A Cuarta Revolta, do CEIP As Revoltas (de 4º de EP), coa obra
    O caso do pronome átono.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - CPI As Revoltas

Na 2ª categoría (Educación Secundaria):

  • Primeiro premio: Revoltoxos, do CEIP As Revoltas (4º da ESO), coa obra Resurrección artificial.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - CEPI As Revoltas (2ª  categoría)
  • Segundo premio: Nenos do futuro, do IES Eduardo Pondal (2º da ESO), coa obra Memorias dun neno cibernético.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - IES Eduardo Pondal
  • Terceiro premio: Rebolondas, do IES Isidro Parga Pondal (2º da ESO), coa obra Unha nova ollada.
Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - IES Parga Pondal (2ª categoría)

Ramón Tasende, de Libraría Brañas Verdes, recollendo o recoñecemento do FIOT aos seus 25 anos de dedicación ao Certame de Teatro Lido.

Gala Teatro Lido XM Eirís 2026 - Premio a Libraría Brañas

Parabéns a todas e todos e deica o ano!