#35 FIOT | Manuel Lourenzo forma parte da prezada comunidade de honra do FIOT, os Xograres de Outono. É unha das figuras imprescindibles para entender o teatro galego contemporáneo e un dos seus representantes máis ilustres. Prolífico autor de máis de 300 pezas teatrais, actor, director, investigador e mestre de varias xeracións de profesionais da escena, a súa traxectoria atravesa a historia recente do noso teatro. Cando se cumpre un ano do seu falecemento, ButacaZero organiza un acto na súa lembranza, e o FIOT súmase nesta conmemoración.
A conversa estará dirixida por Xavier Castiñeira, director teatral e un dos colaboradores da exposición Manuel Lourenzo. A pegada que continúa, e contará coa participación de profesionais que forman parte da súa herdanza cultural, como a carballesa Alba Bermúdez, entre outras.
Un encontro para achegarnos á figura, á obra e ao legado de Manuel Lourenzo e compartir reflexións sobre o seu impacto no teatro galego.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.