A web oficial do concello de Carballo

Taller científico “Circulaacción: conecta, experimenta e aforra!”

25/09/2026
17:00
Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acollerá o venres 25 de setembro Circulaacción conecta experimenta e aforra!, un obradoiro no que as crianzas descubrirán mediante o xogo como funcionan os circuítos eléctricos e como podemos facer un uso máis responsable da enerxía.

A actividade será impartida por Adriana Dapena, Paula Castro e Óscar Fresnedo, investigadores do CITIC da Universidade da Coruña. A proposta combina explicacións sinxelas e experimentación directa para converter conceptos científicos en retos que se poden observar, manipular e resolver.

O obradoiro desenvolverase de 17.00 a 18.00 horas no salón de actos do Pazo da Cultura. Está dirixido ao público infantil de 8 a 11 anos, conta con prazas limitadas e require inscrición previa no formulario inferior.

Esta iniciativa forma parte da programación da Noite Europea das Persoas Investigadoras e desenvólvese en Carballo no marco do proxecto europeo TALK0, financiado pola Unión Europea.

 

 

9 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.