A Semana Europea da Mobilidade incorpora o mércores 16 de setembro unha proposta que une mobilidade activa, exercicio físico e coñecemento da rede de itinerarios peonís de Carballo.
Ás 19.00 horas, desde o aparcadoiro da rúa Perú, sairá unha sesión de marcha nórdica Cicl-Ando Carballo que percorrerá a senda ciclo-peonil do polígono industrial de Bértoa.
A actividade estará guiada por María Vilanova, profesora de Fisioterapia na Universidade da Coruña, e require inscrición previa. Hai 20 prazas dispoñibles para persoas que non dispoñan dos bastóns e outras tantas para persoas que xa dispoñan deles.
A proposta pretende poñer en valor o camiñar como forma de promoción da saúde e, ao mesmo tempo, dar a coñecer infraestruturas pensadas para facilitar unha mobilidade peonil e ciclista máis segura.
A utilización da rede Cicl-Ando Carballo como escenario permite ademais mostrar sobre o terreo as posibilidades destes itinerarios para conectar diferentes puntos do municipio sen necesidade de recorrer ao vehículo privado.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.