#35 FIOT | “Unha comedia que devolve a risa aos corpos das mulleres”
Comezaremos pola prehistoria para chegar aos nosos días e investigar como se representaron os órganos sexuais da muller e a relación desta imaxe co seu lugar no mundo. O tema dá para un dramón, pero con humor, retranca e moito enxeño visual, convértese nunha crónica alegre cargada de comedia. Ou quizais nun evento feminista? Unha chea de movidas históricas, relixión, medicina, a histeria ou o “Panteón de machirulos ilustres” son algunhas das seccións que visitaremos nesta comedia irreverente que transforma séculos de prexuízos, silencios e inxustizas nun espectáculo tan divertido como necesario. É un relato co que rir, chorar e aprender.
A obra nace do fenómeno viral Historias Vaxeniales, gañadora dun Premio Mestre Mateo, que foi creada por unha das cómicas máis versátiles da súa xeración, Raquel Nogueira.
* Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña 2024
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.