#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA | “Non son do espazo exterior. Non teñen por que. Sempre estiveron aquí” – John A. Keel
Unha muller chega á metade da vida apática e descreída. A irrupción dun novo amor será só comparable cunha aterraxe dun OVNI, cun contacto cun alien. Un acontecemento sobrenatural capaz de devolvela ao pensamento máxico e facela volver crer nas grandes utopías. Desde o humor, e a medio camiño entre a autoficción e a ciencia ficción, a obra reflexiona sobre o amor nunha sociedade marcada polo individualismo e pola procura de afectos sen riscos. Amar convértese nunha aventura cara ao descoñecido, capaz de alterar a nosa maneira de mirar o mundo.
Velasco, Premio Nacional de Literatura Dramática 2024 e unha das grandes dramaturgas da escena contemporánea, é a autora desta proposta que integra teatro, música en directo, danza e audiovisuais, cunha poderosa factura visual. O acontecemento teatral da tempada.
*Coprodución con Nave 10 Matadero
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.