A web oficial do concello de Carballo

“A eclipse da nosa vida”, con Óscar Blanco

03/08/2026
20:30
Bar Mercado

Óscar Blanco Varela, director do Centro Astronómico Trevinca, astrofotógrafo e divulgador especializado na observación do firmamento, estará en Carballo para falarnos sobre A eclipse da nosa vida. Óscar Blanco leva anos achegando a astronomía ao público e viaxando para observar e fotografar fenómenos como as eclipses solares. Nesta charla ofreceranos todas as claves sobre o fenómeno que imos vivir o 12 de agosto.

Esta actividade está enmarcada na programación da Noite Europea das Persoas Investigadoras e no proxecto Talento quilómetro cero (TALK0), financiado pola Unión Europea.

Non hai campos definidos para este produto.