O sábado no Carballo Interplay é o día das identidades únicas. Analizaremos como destacar no caos de internet, buscaremos refuxios dixitais máis amables e mergullarémonos no universo de Twin Peaks antes de rematar cunha gran festa de cultura pop e música.
11:00h | Scroll, scroll, STOP: Como conseguir que alguén pare o dedo na pantalla? Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch fálannos das novas regras da divulgación e de como comunicar con identidade propia nun mundo de bots e algoritmos.
12:30h | Internet chiquito: Ainhoa Marzol e Carmen Pacheco debaten sobre como construír espazos dixitais máis sans e humanos, lonxe da hostilidade e a violencia que a miúdo dominan as grandes plataformas.
17:00h | Sección Oficial (Bloque 3): Última oportunidade para gozar da competición de series internacionais. Un bloque que viaxa desde o drama de Buried ata a proposta de The Struggle for Existence.
18:30h | I’ll see you in my dreams (Twin Peaks): Unha análise profunda e en directo sobre o universo de David Lynch con Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix.
20:00h | PLOT TWINS: Unha viaxe polas imaxes que nos marcan. As irmás Lúa e Zeltia Mosquera presentan o seu Código Fonte Audiovisual, unha conferencia performática sobre os fragmentos de vídeo que constrúen a nosa memoria.
22:30h | Pop y Muerte: O podcast de culto de Kiko Amat e Benja Villegas chega en directo a Carballo. Un show sobre subcultura, punk rock e historias fascinantes dende a periferia. (Requírese reserva de entrada).
23:30h | Pantis en concerto: O broche de ouro á xornada póneo Pantis, que presenta o seu novo disco Memoria Nova. Unha viaxe sonora por fronteiras difusas entre o vivido e o soñado.
Streaming: Se non podes achegarte, case toda a xornada (agás a proxección de series e o concerto) poderá seguirse en directo polas canles do festival.
Entradas: De balde ata completar capacidade (agás o show de Pop y Muerte, que precisa reserva aquí.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.