PLIC! | Arantxa Portabales (Donostia-San Sebastián) é unha das voces máis destacadas da novela negra actual en galego e castelán. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, acadou un amplo recoñecemento con títulos como Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas, O home que matou a Antía Morgade e Asasinato na casa rosa. A súa obra, traducida a varios idiomas e premiada en numerosas ocasións, destaca pola solidez das tramas, a fondura psicolóxica dos personaxes e unha extraordinaria capacidade para manter a tensión narrativa.
Asasinato no muíño do cura é a segunda entrega da serie Os crimes de Loeiro. Cunha historia que transcorre entre os anos oitenta e a actualidade, a novela mergúllase nos segredos dunha pequena comunidade marcada polo silencio, a memoria e a violencia. Da man da detective Iria Santaclara e do comisario César Araújo, Arantxa Portabales constrúe un thriller intenso e atmosférico no que cada personaxe agocha unha parte da verdade.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.