A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Cronicas de Carballo V” de Xan Fraga

10/07/2026
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | O carballés Xan Fraga é historiador, escritor e investigador, unha das principais referencias no estudo da historia de Carballo e da comarca de Bergantiños. Licenciado en Xeografía e Historia, foi profesor durante máis de tres décadas e é autor de numerosas publicacións sobre historia local, patrimonio, memoria e transporte en Galicia. O seu labor divulgativo converteuno no cronista de referencia da historia contemporánea de Carballo.

Crónicas de Carballo V continúa o percorrido pola historia recente da vila iniciado nos anteriores volumes da colección. A través de documentos, fotografías, testemuños e unha exhaustiva investigación, Xan Fraga recupera episodios, personaxes e acontecementos que forman parte da memoria colectiva da vila, contribuíndo á conservación e difusión do patrimonio histórico local.

  • Xan Fraga estará acompañado por Desirée Domínguez Pallas

Non hai campos definidos para este produto.