A web oficial do concello de Carballo

Paleoecoloxía para todos os públicos con investigadores/as da UDC

04/07/2026
11:00
Centro social de Lema

O programa Eu quero Razo-Baldaio arrinca cunha proposta para achegarse á paleoecoloxía da man do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e Paleobioloxía (GRICA-BIOpas) da Universidade da Coruña. A actividade permitirá descubrir como os rexistros do pasado axudan a comprender a evolución dos ecosistemas e as transformacións ambientais ao longo do tempo. Unha oportunidade para coñecer unha disciplina pouco habitual pero fundamental para interpretar o noso patrimonio natural.

  • Data: sábado, 4 de xullo
  • Lugar: centro social de Lema
  • Hora: de 11.00 a 13.00
  • Público: nenos/as a partir de 8 anos e persoas adultas
  • Prazas limitadas. Inscrición no formulario inferior.

 

Proxecto Talento km0 (TALK0), financiado pola Unión Europea.

20 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.