A web oficial do concello de Carballo

Festival Rockin’

27/06/2026
13:00
Zona urbana de Carballo

Carballo volve a converterse no altofalante do rock independente coa celebración do Festival Rockin’. Como en anos anteriores, as actuacións estarán concentradas en dous escenarios: a sesión vermú no Escenario Magnolia do Parque do Anllóns e os concertos nocturnos na Praza do Concello. A entrada é de balde.

 

  • 21.00 horas. Concertos nocturnos na 📍Praza do Concello cos seguintes artistas:
    • Charlie, banda carballesa na que destaca a voz de Carla Queijo.
    • Mentah, dúo chegado de Ferrol que achegará o seu son intenso, honesto e emocional que xa é un referente na escena galega.
    • Tiburona: o potente power trío madrileño chega para demostrar que a presenza feminina é unha necesidade e un signo de calidade na música en directo.
    • León Benavente: como cabeza de cartel, a banda de rock alternativo traerá a Carballo a súa enerxía visceral e as súas letras afiadas que analizan a realidade social actual.

 

  • Organiza: Concello de Carballo
  • Colaboran: Comisión de Festas de San Xoán, Carballo en Rede, CIM, Pacto de Estado contra la Violencia de Género
  • Produce: Embora Producións

Non hai campos definidos para este produto.