A última actividade do programa MercaEscola, que foi adiada o 25 de maio por mor da alerta amarela por tormentas, atopa encaixe no programa da Semana do Medio Ambiente. A Cooperativa de Educación Medioambiental (CEM) guiará unha ruta por Aldemunde que nos permitirá saber máis sobre os importantes recursos naturais e patrimoniais da parroquia máis pequena do noso concello.
Este é o plan:
17.00.- Saída en autobús desde Carballo (mercado municipal)
17.15.- Chegada a Aldemunde de Arriba. Punto de inicio da ruta
• Dolmen Pedra Moura
• Aldemunde de Arriba
• Castro de Aldemunde
• A Lagarteira
• Fraga da Ribeira da Pena
• Muíños da Ribeira da Pena
• A Lagarteira
• A Fonte
19.00.- Fin de ruta na Praza da Fonte
19.15.- Chegada a Carballo
(Os horarios son orientativos e poden variar en función das condicións meteorolóxicas ou doutras circunstancias alleas á organización)
Características técnicas:
Inscricións no formulario inferior. Últimas prazas dispoñibles!
1 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.