A programación infantil da Semana do Medio Ambiente viaxa este xoves, 4 de xuño, cara ás nosas tradicións.
Ás 17.00 horas, con saída desde o mercado municipal, o Grupo Naturalista Hábitat guiará unha sesión divulgativa e unha saída de campo para aprender a identificar as herbas de San Xoán.
Esta actividade constitúe unha xornada de botánica aplicada e etnobotánica, a disciplina científica que estuda a relación entre os seres humanos e o reino vexetal. As persoas participantes aprenderán a identificar e clasificar as diferentes especies a través da observación morfolóxica das súas follas, flores e aromas. Ademais, guiada polos expertos do Grupo Naturalista Hábitat , esta proposta pon o foco na ecoloxía e na sustentabilidade, xa que aprenderemos a recoñecer os hábitats locais e a realizar unha recolleita respectuosa que garanta a conservación da biodiversidade e do patrimonio natural de Carballo.
A actividade forma parte do Proxecto Talento quilómetro cero (TALK0).
No caso de non poder asistir pode comunicarse por Whatsapp ao 604 072 887.
23 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.