O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo celebrará os días 9 e 10 de maio a segunda edición de BioSaúde, un espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e o respecto pola natureza que busca promover un consumo responsable, hábitos de vida saudables e unha maior conciencia ambiental.
O evento presentouse na Praza do Concello coa participación da presidenta do CCA Carballo, Silvana Rama Corral xunto a outros integrantes da directiva e varios expositores, acompañados polo concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, e o alcalde de Carballo, Daniel Pérez.
A feira celebrarase ao aire libre na Praza do Concello e contará coa participación de quince expositores, na súa maioría locais, pertencentes a sectores como a alimentación, a cosmética natural, a moda sostible, as terapias alternativas, a nutrición ou os produtos de hixiene e limpeza ecolóxica.
Como parte da programación do domingo 10, regresa a V Pequefeira, unha iniciativa xa consolidada que permite aos máis pequenos e pequenas experimentar o papel de comerciantes por unhas horas. A actividade desenvolverase de 12:30 a 13:30 horas na propia Praza do Concello e require inscrición previa.
Os participantes deberán achegar produtos artesanais e/ou reciclados, respectuosos co medio ambiente, fomentando así valores como a creatividade, a autonomía e o espírito emprendedor nun contexto educativo e lúdico.
Expositores participantes
Adega O‘Lagar (alimentación), Aloe herboristería, Aloe estética (estética), Anxaima Tiempo para quererte (moda orgánica), Asociación Íntegro (artesanía e reciclaxe), AZUE Vida Natural (cosmética natural e artesanal), A Despensa que pensa (alimentación natural), MadeixaLazos (artesanía sostible), Mary Kay (cosmética), Mel e licores Codesal (produtor local), Refugallo Zero (cosmética e hixiene natural), Sentires (espazo holístico e mindfulness), Studio ZCV (estética avanzada), Zuccaro (alimentación) e a coffee truck de Cafés Lúa.

11:00 – 12:00 | Sala Cervantes Mercado Municipal
Introducción á meditación: “Primeiros pasos para aprender a parar”
Relatora: Pilar Recarey Regueira (Sentires)
12:00 – 13:00 | Carpa
Clase Vinyasa Flow
Xiaohong Xu (Xiaohongyoga)
13:00 – 14:00 | Carpa
Charla -taller “Skincare consciente e fotoprotección avanzada: o novo estándar en saúde cutánea”
Relatoras: Zoila Cortizas y Sonia Calvo (Studio ZCV)
13:00 – 14:00 | Carpa
Diferenzas entre facer surf e ser surfista
Charla e taller práctico con xogos para amosar técnicas e modalidades
Relator: Toni Varela (OneSurfAcademy)
14:00 | Carpa
Cata de viños naturais (rosado, branco e tinto)
Cata: Ana Vázquez (Adega O’Lagar)
Toda a mañá | Carpa
Dá o paso natural: descubre o calzado barefoot
Punto informativo para coñecer e probar unha forma de camiñar máis natural
Relatora: Tamara Remuiñán (upa! Espazo barefoot)
17:00 – 18:00 | Carpa
Charla – Taller “Aceites esenciais: benestar e antiestrés natural”
Relatora: Ana Gómez (Terpenic)
18:00 – 19:00 | Carpa
Charla “Os piares do benestar: do vermello ao verde”
Relatora: Beatriz Lema (Escuela Gallega de Bienestar)
18:00 – 20:00 | Carpa
Taller de papel maché (para maiores de 8 anos)
Coordina: María Arias (Zolás)
11:00 – 12:00 | Carpa
Charla “Máis alá da dieta: entender o teu corpo para mellorar a túa saúde”
Relatora: Lidia Troitiño (Saúde Integrativa)
12:00 – 13:00 | Carpa
Charla-taller de cosmética natural para pel madura e taller de maquillaxe en procesos oncolóxicos
Relatoras: Ana Rodríguez, Ángeles Barallobre e Elisa López (Consultoras Mary Kay)
13:00 | Carpa
Cata de vermú ecolóxico con degustación de callos elaborados por Restaurante Albaroque
Cata: Ana Vázquez (Adega O’Lagar)
12:30 – 13:30
V Pequefeira – Feira de artigos elaborados con materiais reciclados
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.