A web oficial do concello de Carballo

Entroido | Animación de rúa con Asacocirco

17/02/2026
18:00
Praza do Concello

Entroido | Asacocirco, é unha compañía nacida dunha paixón compartida polas artes escénicas. Leva dende 2007 levando o circo ás rúas, prazas, carpas e auditorios. Entregáronse de cheo na creación dun espectáculo cómico, mesturando os seus trucos, habilidades, paixón e un toque de humor. Despois, foron refinando todo pouco a pouco ata que o seu primeiro espectáculo tomou forma. En Carballo, animarán o Entroido con zancudos, músicos, malabaristas, personaxes fascinantes e moito circo. Será na Praza do Concello a partir das 18.00 horas.

 

Non hai campos definidos para este produto.