As inscricións estarán abertas desde o 24 de xaneiro até o 11 de febreiro para comparsas e carrozas e até o 15 de febreiro para disfraces de grupos, por parellas e individuais
Volve o Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido do Concello de Carballo, un dos desfiles con máis tradición da comarca, que este ano repartirá máis de 10.000 euros. Deste importe, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade, repartidos en 125€ para as comparsas infantís; 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros; 200€ para as de máis de 25 membros; e 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos.
Ademais, está previsto entregar ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits, distribuídos da seguinte forma:
• INFANTIL (ata 14 anos)
◦ COMPARSAS
1º premio: 300€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
4º premio: 60€
◦ GRUPOS (de 2 a 7 compoñentes)
Premio de 110€
◦ INDIVIDUAL (1 compoñente)
1º premio: 90€
2º premio: 70€
3º premio: 50€
• ADULTOS (máis de 14 anos)
◦ CARROZAS (mínimo de 15 compoñentes)
1º premio: 1000€
2º premio: 600€
3º premio: 350€
◦ COMPARSAS (mínimo de 10 compoñentes)
1º premio: 700€
2º premio: 400€
3º premio: 200€
◦ GRUPOS (de 2 A 9 compoñentes)
Premio de 125€
◦ INDIVIDUAL (1 compoñente)
Premio de 60€
• INFANTIL OU ADULTOS: PREMIO ESPECIAL “CHOQUEIRO DE BERGANTIÑOS” (1 compoñente). Participante inscrito en calquera das modalidades (non precisa inscrición específica. Premio: 100€
• ACCÉSITS
1000€ a distribuír en calquera categoría ou modalidade
A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura ou no rexistro do Concello de Carballo: no caso de comparsas e carrozas ata o mércores 11 de febreiro; e en grupos, parellas e individual ata 1 hora antes do mesmo día do desfile, o domingo 15 de febreiro, nese caso na Praza do Concello.
Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na construción de carrozas. Todas estas indicacións están incluídas polo miúdo nas bases que están incluídas máis abaixo nesta mesma nova xunto coas fichas de inscrición e outra información pertinente.