A web oficial do concello de Carballo

Festival de Nadal na Escola Oficial de Idiomas

19/12/2025
17:00
Pazo da Cultura

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo celebrará o día 19 o Festival de Nadal, que inclúe todas estas actividades:

  • Concurso de doces nadaleños (17.00 h). O xurado do concurso estará formado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura; Ignacio Eirís Vilariño, representante do alumnado, e Óscar Varela Martínez como representante do profesorado. O xurado valorará o sabor, a presentación, a complexidade e a orixinalidade do doce. Ás 18.00 darase a coñecer o fallo do xurado. O primeiro premio é un vale de 80 euros do restaurante Río Sil; o segundo e terceiro premio serán dous vales doados polo Gadis, un de 70€ e outro de 30€.
  • Talent Show (18.30 h). O alumando inscrito poderá participar de xeito individual ou en grupos cun número do tipo que decidan: desde o noso tradicional karaoke e cancións, ata un truco de maxia, unha representación teatral, unha actuación musical, recital de poesía… O xurado estará presidido por Javier Bardanca Castro, director do Conservatorio Profesional de Música, e contará con Teresa Mariño Varela como representante do alumnado, e Julie Tombo Bastida en nome do profesorado. Os primeiro e segundo premios serán vales de 100€ e 75€ cortesía da Librería Brañas; o terceiro será unha cesta de produtos alemáns, franceses e ingleses.
  • Sorteo do Carro de Nadal (21.00 h), cheo de produtos típicos dos países onde se falan as linguas estudadas no centro.

 

Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar con Javier Tosar no número 677558820 ou no enderezo electrónico javiertosarlopez@gmail.com

Non hai campos definidos para este produto.