A web oficial do concello de Carballo

Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Axudas concedidas ao Concello de Carballo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

.

Subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Orde TER/1204/2021)

Subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Orde TER/1204/2021)

  • Proxecto: Servizo de optimización dos servizos de comunicación entre o Concello de Carballo e a cidadanía.
  • Axuda Concedida: 334.913,72 €.
  • Resumo: Con este proxecto contémplase unha nova plataforma web municipal con servizos dixitais avanzados, intelixencia artificial para a atención cidadá e xestión de eventos e citas. Inclúe tamén un sistema cloud de videoactas con gravación, streaming e transcrición, xunto con mantemento e formación.   

Os puntos a desenvolver a fases do proxecto son:

DESENVOLVEMENTO WEB
Modernización da web municipal como centro de información e servizos, xunto co desenvolvemento dunha app móbil para iOS e Android con notificacións push. A plataforma integrará chatbot con IA, comunicación de incidencias, avisos á cidadanía, venda de entradas e sistema de citas previas para mellorar a atención e participación cidadá.

DESENVOLVEMENTO DE ASISTENTE VIRTUAL
Sistema de intelixencia artificial con buscador semántico multilingüe e chatbot asistencial, capaz de comprender consultas complexas, ofrecer resultados personalizados e aprender de forma continua. O chatbot prestará atención cidadá 24/7, con respostas rápidas e precisas, integrado coa web e as FAQs para mellorar a experiencia do usuario.

SERVIDOR CLOUD
O proxecto contará cunha infraestrutura de sistemas segura e actualizada, con servidores, certificado SSL, firewall e mantemento continuo. A metodoloxía de traballo estará orientada á escalabilidade e á evolución do sistema, aplicando DDD, Scrum e probas para facilitar futuras melloras e adaptacións.

SISTEMA DE VIDEOACTAS
Implantarase un sistema integral de videoactas en cloud, que permita a gravación e retransmisión de plenos e actos oficiais con validez legal, incluíndo transcrición automática, subtitulado multilingüe, busca avanzada e recoñecemento de intervinientes. Achegarase hardware, software, formación e soporte, e poderá reutilizarse noutros espazos municipais.

MANTEMENTO
O proxecto inclúe un mantemento integral con actuacións correctivas e adaptativas, así como soporte técnico continuo e coordinación co Concello. Complétase cun mantemento evolutivo para melloras, novos desenvolvementos, formación adicional e adaptación ás novas necesidades municipais.

———

Enlace web da licitación:
Servizo de optimización dos servizos de comunicación entre o Concellode Carballo e a cidadanía

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=CpQmHRHza9dLAIVZdUs8KA%3D%3D

Web Plan de Recuperación:
https://mptmd.gob.es/portal/prtr.htm