A web oficial do concello de Carballo

Cursos de cestaría con madeira para a recollida de cogomelos

04/10/2025
09:00
Centro social Escola de Arrabaldes

A Concellaría de Medio Ambiente, coa colaboración de Dixardín, organiza dous cursos de elaboración de cestos con madeira cortada a láser especialmente deseñados para a recollida de cogomelos e froitos de tempada. A actividade estará dirixida polo docente, escultor e artesán Fabián Lage, con máis de 28 anos de experiencia en carpintaría artística, restauración patrimonial e escultura urbana, e que nesta ocasión mergullarase, xunto co alumnado, no mundo da cestaría contemporánea, o corte láser e o tratamento ecolóxico da madeira.

A formación estrutúrase en bloques dinámicos que combinan presentación, montaxe, tratamento de acabados e reflexión final. Cada alumno/a construirá a súa propia cesta completamente funcional, acabada con ceras naturais.

Cada sesión terá unha duración de cinco horas, de 09.00 e as 14.00, ao longo das cales realizarase unha breve explicación e desenvolverase todo o proceso de creación dos cestos. A actividade vai destinada a público mozo e adulto, sen necesidade de coñecementos previos. O obxectivo é introducir as persoas participantes na construción de obxectos de uso cotiá con tecnoloxía láser, fomentar a conciencia ecolóxica mediante o uso de materiais sustentables e desenvolver habilidades prácticas en capintaría dixital e ensamblaxe artesanal.

IMPORTANTE

  • Dado que se trata dunha experiencia novidosa, todo o proceso será recollido en fotografías e vídeos, polo que a participación no curso implica o consentimento expreso das persoas asistentes para a toma de imaxes.
  • A elección do día preferente será confirmada pola organización.

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.