A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: Andaina pola Ruta dos Muíños do Pan

16/09/2025
17:30
A Ponte de Bértoa

Un ano máis, a Asociación Ambiental Senda Nova súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade cunha andaina que levará ás persoas participantes polo treito menos coñecido e máis agreste da Ruta dos Muíños do Pan.

O punto de encontro será A Ponte de Bértoa, e desde alí, seguindo o curso do río Anllóns a través dos camiños de pescadores, as/os camiñantes chegarán ata o Muíño da Cheda, un dos dous que quedan na canle do río ao seu paso por Carballo.

Importante levar calzado axeitado e impermeable.

18 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.