A web oficial do concello de Carballo

Comezan os obradoiros do Enreguéifate, para construír patrimonio na escola

Obradoiros Enreguéifate 2026

Esta mañá comezaron os obradoiros escolares do Enreguéifate en Carballo. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Carballo, Narón, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, procura na súa décima edición promover a regueifa, de longa tradición na comarca bergantiñá, como unha das manifestacións máis valiosas do noso patrimonio cultural inmaterial. […]