Avanzan os trámites para a construción de 79 vivendas de promoción pública na parcela cedida polo Concello á Xunta de Galicia

Carballo dá un novo paso na ampliación da oferta de vivenda pública coa licitación das obras de construción de 79 pisos na rúa Médico José Manuel Lado, nunha parcela cedida polo Concello á Xunta de Galicia e que está valorada en 761.182 euros. A actuación, cun investimento próximo aos 12,5 millóns de euros, foi presentada […]
Alba Flores protagoniza “Libres!!!”, un dos pratos fortes do #FIOT35, na súa cuarta semana de programación

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, afronta a súa cuarta semana de programación cunha axenda que, do mércores 14 ao domingo 18 de outubro, volverá reunir en Galicia destacadas propostas da escena contemporánea, creación emerxente e actividades para públicos de diferentes idades. Un dos grandes momentos chegará este sábado coa representación […]
Carballo mantén o dinamismo empresarial con 142 solicitudes de actividades económicas desde o 2025 e novos investimentos comerciais e industriais

A actividade empresarial continúa xerando novos proxectos e investimentos privados en Carballo, tanto no ámbito industrial como no comercial e de servizos. Segundo os datos do departamento de Planificación Urbana, desde xaneiro de 2025 ata o peche do terceiro trimestre de 2026 presentáronse no Concello 142 comunicacións de inicio ou modificación de actividade económica e […]