O Concello aproveitou o verán para realizar melloras nos colexios como a reforma integral da escola de Xoane ou a aula sensorial do CEIP Bergantiños

O Concello de Carballo aproveitou un ano máis as vacacións de verán para executar numerosas actuacións de mellora, conservación e mantemento nos centros públicos de educación infantil e primaria do municipio, atendendo especialmente ás necesidades trasladadas polos seus equipos directivos ao remate do curso. Ás tarefas habituais que se realizan antes da volta ás aulas […]
O pleno aproba case un millón de euros para novas obras nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela

Despois da toma de posesión de Lucinda Serrano Tasende como concelleira do grupo municipal do Partido Popular, o pleno da corporación aprobou a participación do Concello de Carballo na segunda fase do POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, que permitirá mobilizar 957.963,69 euros en tres novos investimentos nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela. […]