A web oficial do concello de Carballo

O plan anual de roza e mantemento da rede viaria municipal continúa avanzando polas parroquias

Traballos de roza de vías

O Concello de Carballo continúa con dúas liñas de actuación diferentes e complementarias para o mantemento da rede viaria municipal: o plan anual de roza e os traballos de conservación, mantemento e reparación. As actuacións desenvólvense de maneira progresiva polas distintas parroquias, de acordo coa programación establecida e coas necesidades detectadas polos servizos técnicos municipais. […]