O Campionato de España de Autocross bate en Carballo todos os récords de participación cun total de 126 pilotos

O salón de plenos do Concello de Carballo acolleu hoxe a presentación oficial do 18º Autocross Carballo – Campionato de España de Autocross (CEAX), unha edición de récord absoluto, tanto a nivel autonómico coma estatal, con 126 pilotos participantes. A proba, que se disputará os días 10, 11 e 12 de xullo no Circuíto Municipal […]
Carballo incorporase á Rede Galega de Vixilancia de Vectores cunha campaña de detección temperá do mosquito tigre

O Concello de Carballo colabora coa Dirección Xeral de Saúde Pública na prevención sanitaria ambiental coa posta en marcha do programa de control do mosquito tigre (Aedes albopictus). Técnicas da Consellería de Sanidade desprazáronse ata a localidade para manter unha xuntanza de traballo co concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, e persoal do servizo de […]
A Praza dos Libros celebra do 9 ao 12 de xullo vinte anos de encontro arredor da lectura, a cultura e a lingua galegas

A Praza do Concello de Carballo acollerá do 9 ao 12 de xullo unha nova edición da Praza dos Libros, este ano co lema Vinte na PLIC! para celebrar dúas décadas de traxectoria como unha das grandes citas culturais do verán. A feira desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e […]