A web oficial do concello de Carballo

Escolares de Carballo súmanse á campaña do Concello e CEE Aspaber para sensibilizar á veciñanza sobre a limpeza dos excrementos caninos

Campaña cans CEIP A Cristina

Nunha xornada marcada pola creatividade e o compromiso cívico, o alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina levou a voz cantante na presentación dunha nova campaña coa que queremos sensibilizar á veciñanza sobre a limpeza dos excrementos caninos. Non é a primeira vez que, en colaboración co Centro Especial de Emprego (CEE) Aspaber, que se encarga […]

O Concello de Carballo colabora un ano máis na “Primavera en Ruta” de Senda Nova

Presentación Primavera en Ruta 2026

O Concello de Carballo súmase un ano máis ao proxecto Primavera en Ruta, unha iniciativa da Asociación Ambiental Senda Nova que nesta 17ª edición pon o foco na “Paisaxe de lama”. O concelleiro de Medio Ambiente, Servizos, Praias e Protección Civil, Miguel Vales, participou na presentación do programa deste 2026 xunto a representantes do resto […]