A web oficial do concello de Carballo

Arrincan en Carballo os obradoiros escolares do programa Enreguéifate para mirar e mudar o mundo desde o universo da poesía oral improvisada

Obradoiro Enreguéifate

Hoxe deron comezo os obradoiros escolares da novena edición do Enreguéifate en Carballo, terra de longa tradición regueifeira. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, continúa a consolidarse como un referente na divulgación da improvisación oral en verso –a regueifa– como vía […]