O plan especial que permitirá a implantación dunha área deportiva na Lagoa dá un paso máis coa aprobación provisional por parte da Xunta de Goberno

Sete meses despois da aprobación inicial e unha vez analizadas e resoltas as alegacións presentadas, a Xunta de Goberno Local aprobou de xeito provisional, na sesión ordinaria celebrada este 20 de outubro, o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa. A única diferenza con respecto ao documento […]
A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións a 21 entidades deportivas por importe de 178.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns 20 de outubro a concesión de subvencións a 21 entidades deportivas por importe de 178.000 euros. A contía máis elevada corresponde á convocatoria para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2025, cun total de 165.000 euros que se distribúen do […]
O Festival Carballo Interplay e o programa Apego, que naceu no noso concello, reciben dous dos dez Premios da Crítica de Galicia

Carballo foi protagonista por partida dobre na gala de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, os máis antigos de Galicia que brinda a sociedade civil. Este sábado 18 de outubro, a sede de Afundación de Vigo acolleu a gala de entrega da XLVII edición dos premios, que distinguen artistas e iniciativas nas modalidades de […]
Contacontos, música e maxia para celebrar o Día das Bibliotecas e o undécimo aniversario da Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Un ano máis, arredor do Día das Bibliotecas temos preparado un programa de actividades que reforzan a oferta anual das nosas bibliotecas, que vai moitísimo máis alá dun servizo de consulta e préstamo de libros. Nas bibliotecas de Carballo podes debuxar, ver unha película, asistir a un concerto, participar nun club de lectura, participar nunha […]