Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións para a...

Convocatoria de subvencións para a celebración de festas populares no ano 2023

Ata o 25 de outubro, as comisións de festas que organizan festas populares, tradicionais e/ou patronais de arraigo cultural ou gastronómicas xa consolidadas poden presentar a súa solicitude de subvención segundo o modelo que proporcionará o Concello.

O importe das axudas determínase segundo o número de días festivos que se celebren e nos se realice unha verbena ou concerto coa actuación dunha orquestra ou grupo musical en directo ou solista de consolidado renome (exclúense dúos, tríos ou Djs). Establécese unha axuda de 400 euros por día de festa. 

Podes descargar as bases máis abaixo.

Máis información: oficinas do Pazo da Cultura ou 981 704 300

Descargas

Compartir: