Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria dunha praza de docente de...

Convocatoria dunha praza de docente de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais para o obradoiro "Carballo Coida"

O Concello de Carballo aprobou as bases para a provisión, como persoal laboral temporal, dunha praza de mestre/a de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais para o obradoiro dual de emprego "Carballo Coida".

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación do anuncio das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), polo que o prazo será do 29 de novembro ao 3 de decembro, ámbolos dous incluídos.

Con data 13 de decembro faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as.

Está previsto convocar a todos os membros da Comisión da Avaliación para a valoración de méritos da fase de concurso o luns día 20/12/2021, as 09:00 horas, no auditorio do Fórum Carballo, e ás 12:00 horas, convocar aos aspirantes para a fase de oposición (entrevista persoal). 

Con data 17 de decembro faise pública a listaxe provisional de admitidas e excluídas, a composición do tribunal e as datas das probas.

O día 20 de decembro fanse públicas as puntuacións do proceso selectivo.

Descargas

Compartir: