Convocatoria de dúas prazas de oficial de policía polo sistema de concurso
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica con data 3 de novembro as bases específicas e a convocatoria para cubrir en propiedade dúas prazas de oficial de policía, polo sistema de concurso, incluídas nas Ofertas de Emprego Público do Concello de Carballo para 2019/2020.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir, do 1 ao 10 de decembro do 2020.
Con data 13 de xaneiro de 2021 faise pública a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que pode descargarse máis abaixo. Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles, a partir da publicación no BOP, para subsanación de erros.
Con data 28 de xaneiro de 2021 publícase no DOG a listaxe definitiva de admitidos, xunto co nomeamento do tribunal, que se reunirá o 4 de febreiro para a valoración de méritos. A baremación faise pública con data 12 de febreiro de 2021
Descargas
- Baremación de méritos (12 febreiro 2021)
- Listaxe definitiva de admitidos (BOP 28 xaneiro 2021)
- Listaxe definitiva de admitidos (25 xaneiro 2021)
- Listaxe provisional de admitidos e excluídos (BOP 15 xaneiro 2021)
- Listaxe provisional de admitidos e excluídos (13 xaneiro 2021)
- Anuncio DOG (1 decembro 2020)
- Anuncio BOE (30 novembro 2020)
- Anuncio BOP (3 novembro 2020)