Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Prazo para a solicitude de autorizacións...

Prazo para a solicitude de autorizacións para a venda ambulante no municipio de Carballo

O Concello de Carballo estableceu entre o 5 e o 30 de novembro o prazo de renovación e solicitude de autorizacións para a venda ambulante para o exercicio 2019. 

As solicitudes de renovación presentaranse preferentemente por vía telemática, acompañando a documentación que establece a Ordenanza reguladora de feiras, mercados e venda ambulante do Concello de Carballo e indicada no modelo de solicitude que se facilitará.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de renovación, o Concello analizará e resolverá cada unha delas, así como as novas solicitudes de venda ambulante formuladas dentro deste prazo, dando preferencia a aquelas solicitudes que tivesen autorización concedida para o ano en curso.

Ligazóns

Compartir: