Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto o prazo de solicitude de axudas ás...

Aberto o prazo de solicitude de axudas ás familias para as actividades de conciliación no verán no ano 2018

Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da necesidade de conciliar a súa vida laboral e familiar, o Concello de Carballo convoca as axudas ás familias para as actividades de conciliación no verán. 

As solicitudes para tomar parte nesta convocatoria deberán presentarse en impreso oficial no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados dende o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, é dicir, a partir do 25 de outubro.

Ao final desta convocatoria poden consultarse as bases e descargarse os impresos para a solicitude.

Ligazóns

Descargas

Compartir: