Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe provisional de admitidos/as e...

Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación temporal de 10 auxiliares de policía

No documento adxunto publícase a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación con carácter laboral temporal de dez auxiliares de policía. A relación tamén pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Carballo. A partir de mañá ábrese un prazo de 10 días hábiles para reclamacións e subsanación de defectos. De non efectuar a subsanación no prazo requirido serán excluídos/as definitivamente do proceso selectivo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados

Descargas

Compartir: