Presentación

G en ti

G en ti

"Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!"

Destes versos de “Galiza”, de Os soños na gaiola, de Manuel María, nace o lema “G en ti”. Por iso, porque Galiza e o galego están en ti, e queremos convidarte a que busques, e atopes. A que estea en todas e todos. E en todo. Nas tendas, nas mensaxes de móbil, nos restaurantes, nas redes sociais, nos letreiros, nos parques, no amor, na música, no día a día... Na vida. E por iso ofrecemos tamén unha chea de actividades, desde o Concello e desde diversas asociacións, durante todo o mes para a visibilización e a posta en valor do galego.
 
Manuel María, o noso poeta nacional, é o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016. Nado en Outeiro de Rei, na Terra Cha, en 1929, é o autor máis prolífico da poesía galega. E, ademais, foi un home fondamente comprometido co país, coas causas xustas e, especialmente, coa lingua galega, algo que se ve reflectido na súa obra, que consta de preto de 100 títulos, dos cales uns 50 son poemarios, pero tamén no seu traballo constante e na súa colaboración con entidades sociais de diverso tipo, nas que estivo activo ata o seu falecemento, na Coruña, en 2004.  

Podes saber máis sobre o autor en: www.casamuseomanuelmaria.gal

Descargas



Galería

Compartir: