RUTA A RAZO POLA SENDA PEONÍL
Sábado 29 de xullo do 2023 10:30 - 13:30horas - Parking Gadis (CC Bergantiños)
RUTA A RAZO POLA SENDA PEONÍL

Cremos que a nova senda peonil a Razo debe ser unha ruta a promover para crear unha unión maior entre a cidade e a praia de Razo, co obxectivo de que se converta nunha ruta habitual. Para a realización desta actividade contaremos coa entidade deportiva Xiria, que poñerá a coordinación da acción, que organizará actividades lúdicas para cando as persoas participantes vaian chegando a Razo.
Tamén haberá unha merenda para repoñer forzas e ademais dispoñeranse medios de retorno para as persoas que así o desexen.
- Horario: de 10:30h a 13:30h
- Límite de prazas: 200
- Dirixido a calquera idade (menores acompañados/autorizados)
- Punto de encontro: Parking Gadis (CC Bergantiños)
- Coordina: XIRIA
- Colabora: Gadis
- Para máis información contactar: balonmanxiria@gmail.com 609560955 -609562376