Iniciación á Ornitoloxía
Mércores 16 de agosto do 2023 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
Saída Ornitolóxica

Achegamento á avifauna de Baldaio: Roteiro interpretativo dirixido á observación e identificación das especies presentes no espazo natural protexido. Recursos e boas prácticas para gozar das aves, con especial fincapé na posta en valor da píllara das dunas como ave emblemática desta contorna, clave na súa conservación.
- Horario: De 10:30 h a 13:30 h
- Dirixido a: Calquera idade (menores acompañados)
- Límite de prazas : 20
- Punto de encontro: Aparcadoiro da Praia de Baldaio
- Coordina: Hábitat
- Para máis información: 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org