Aberto do 15 ao 21 de xuño o prazo de preinscrición para 1º e 2º cursos de Iniciación Musical

Mércores 14 de xuño do 2023

Do 15 ao 21 de xuño está aberto o prazo de inscrición para o curso 2023-24 de Iniciación Musical. En total hai 40 prazas: 20 para primeiro curso e outras 20 para segundo. Os impresos de solicitude poden descargarse máis abaixo.

O Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música promoven desde o curso 2012-2103 a actividade de Iniciación Musical, que ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

Descargas

Compartir: