Iniciación Musical

O Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música promoven desde o curso 2012-2103 a actividade de Iniciación Musical, que ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

Curso 2024-2025

No apartado de descargas están dispoñibles as listaxes de alumnado admitido en 1º e 2º cursos de Iniciación Musical. O prazo de matrícula estará aberto do 1 ao 12 de xullo.

Descargas



Galería

Compartir: