Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Chega o “Abril musical” do...

Chega o “Abril musical” do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo!

Martes 18 de abril do 2023

Despois do éxito acadado co amplo programa de actuacións do Marzo musical, o Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo esténdeo ao mes de abril con tres novas propostas abertas a todo o público.

O Abril musical arrancará o día 19 cunha audición de violoncello e piano, na que poderemos escoitar a alumnas do CMUS de Culleredo a partir das 18.00 horas no salón de actos do Pazo da Cultura. Nese mesmo espazo realizarase o día 26, ás 19.30 horas, unha audición de música de cámara a cargo do alumnado da profesora do CMUS Carballo Alma Sarasola.

A actuación central do programa está prevista para o 25 de abril, co I Encontro de big bands, que se celebrará a partir das 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. Nesta primeira edición, a Big Band do CMUS Carballo recibirá como convidada á Big Band de Oleiros. Cada unha das agrupacións interpretará seis temas, e rematarán o concerto cunha actuación conxunta.

En todos os casos, o acceso é libre e de balde ata completar capacidade.

Compartir: