Inicio Áreas Cultura Novas O barrio da Milagrosa demostra o seu...

O barrio da Milagrosa demostra o seu dinamismo cun completo programa de festas

Luns 29 de agosto do 2022

Comisión e colaboradores, ao remate do acto de presentación das festas

Comisión e colaboradores, ao remate do acto de presentación das festas

O barrio da Milagrosa está de festa. A novena e o trofeo de fútbol, que se disputou esta fin de semana, marcou o inicio dos actos, que se concentrarán na fin de semana, pero que inclúen outras actividades paralelas como a proxección da película "Cuñados" este xoves día 1 dentro do Ciclo Mestre Mateo. A colaboración no Concello de Carballo non se limita a esta proxección, senón que vai máis alá, e por iso na presentación do programa, que tivo lugar no fermoso Centro Social Escola de Arrabaldes, participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Luis Lamas.

Unha das novidades deste ano é a publicación dunha revista que recolle o programa das festas, os anuncios dos establecementos colaboradores e unha serie de artigos, fotografías e ilustracións relacionadas co barrio. Algúns dos seus autores e autoras asistiron tamén á presentación das festas e da propia revista, que pode adquirirse nos comercios do barrio. De seguido, o programa de actos completo.

Ligazóns

Compartir: