Un total de 616 nenas e nenos remataron esta semana a campaña de natación promovida pola Concellaría de Deporte
As familias acompañaron aos peques nos distintos actos de entrega de diplomas
Venres 21 de xuño do 2019
![Un dos numerosos grupos que participou nas exhibicións de clausura Un dos numerosos grupos que participou nas exhibicións de clausura](../media/img/48800x460.jpg)
Un dos numerosos grupos que participou nas exhibicións de clausura
Este ano tivemos a centos de persoas participando nas actividades deportivas dirixidas que organiza o Concello de Carballo a través da Concellaría de Deporte. A maior parte son usuarios e usuarias das piscinas que asisten ás diferentes actividades acuáticas, e esta semana tocou despedir o curso. Un total de 616 nenos e nenas remataron a campaña de natación infantil con varias xornadas de portas abertas na piscina do complexo deportivo Vila de Noia. Ata alí achegouse o primeiro día o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, para asistir, xunto coas familias, ao acto de entrega de medallas.
Ademais da escola de natación infantil, para nenos e nenas a partir de 0 anos, a oferta de actividades con monitor/a do Concello de Carballo tamén inclúe natación para adultos, natación terapéutica, natación para a terceira idade, aquagym, natación para embarazadas, ximnasia de mantemento para adultos/as e exercicio físico para maiores.